sábado, 6 de agosto de 2016

50 Aniversario Feira do Xamón de A Cañiza

Acto Oficial 50 Aniversario Feira do Xamón de A Cañiza

Data de publicación: 05 de agosto de 2016

A Cañiza RENDE HOMENAXE A TODOS OS ORGANIZADORES DAS 50 EDICIÓNS DA FESTA DO XAMÓN Nun acto entrañable no que o Presidente Alberto Núñez Feijóo acompañou ao Alcalde Miguel Domínguez para galardoar aos 54 cañicenses 

ampliar foto

O 4 de agosto de 2016, xoves, será unha data que lembrarán todos os que presumen de ser cañicenses. 

 

Nun Auditorio abarrotado de público,recoñeceuse o labor e o intenso traballo de todos os homes e mulleres desta Vila que durante 50 edicións foron os responsables de organizar un evento gastronómico que representa para o municipio moito máis que unha festa. Porque a Feira do Xamón converteuse no aceno de identidade de A Cañiza por mérito propio,  conseguindo proxectar o municipio dentro e fóra da Comunidade Autónoma.

 

Neste Acto do 50 Aniversario o Concello tiña a obrigación moral de reunir a todas estas persoas sen cuxas achegas a festa non podería traspasar as barreiras locais e colocarse como un dos eventos gastronómicos de maior proxección en Galicia.

 

O 15 de agosto de 2016, luns, A Cañiza celebrará as súas vodas de ouro, pero antes era de rigor celebrar este acto de recoñecemento.

 

Ás 19h00 en punto e cunha intensa calor a xornalista Rosa Mª Tebar, despois de dar a benvida, deu entrada á proxección dun vídeo documental sobre a tradición xamoneira e a propia festa do xamón que tivo unha enorme acollida entre os asistentes.

 

Despois da lectura do discurso oficial de agradecementos, o Alcalde Miguel Domínguez impúxolle ao Presidente Núñez Feijóo a insignia do noso pobo agradecéndolle o constante apoio da Xunta de Galicia á Cañiza.  A continuación foron homenaxeados os 55 cañicenses nunha cerimonia entrañable que arrincou moitos aplausos e recordos inesquecibles.

 

O fiscal Don Antonio Troncoso Castro, irmán de Don Mauricio Troncoso, Presidente da Comisión de Cultura do Concello no ano 1967 e responsable da organización das primeiras festas do xamón, foi o encargado de pronunciar o discurso de agradecemento en nome de todos os homenaxeados. A continuación tomou a palabra César Mera, ex Alcalde da Cañiza e responsable da organización da feira durante 35 anos. Este Alcalde conseguiu colocar a Feira do Xamón no máis alto das celebracións gastronómicas. Miguel Domínguez, Alcalde da Cañiza finalizou as intervencións agradecendo tamén o inmellorable labor de todos os establecementos hostaleiros  da Cañiza. 

 

O Presidente da Xunta de Galicia, pechou este acto con entrañables referencias á importancia que o xamón tivo para este Pobo, porque non só conseguiu proxectarnos fóra da nosa localidade senón que conseguiu que o negocio do xamón sexa un medio de vida para moitos cañicenses.

 

De seguido todos os homenaxeados fixéronse unha foto de grupo que quedará no recordo como un dos momentos máis emotivos e significativos deste 50 Aniversario.

 

O Acto rematou cun aperitivo a base de xamón e dos productos autóctonos de A Cañiza como os queixos e os viños de todas as adegas do Municipio así como dos embutidos fabricados no secadoiro Flor da Cañiza. O profesional cañicense Victor Burgos e os seus compañeiros da Asociación de Xamoneiros de Galicia deron mostra dunha brillante exhibición de xamón con frutas. Todo un agasallo para o paladar dos asistentes.

 

Acto Oficial Conmemorativo

Homenaxe aos fundadores e organizadores das 50 edicións da Feira do Xamón

 

Xoves,  4 de agosto de 2016

19:00h

Auditorio da Casa de Cultura de A Cañiza. Complexo Cultural. Rúa Progreso, s/n- N-120

 

 

1.      DON CESAR JOSÉ MERA RODRÍGUEZ, (ex Presidente da Deputación e Senador e Alcalde de A Cañiza durante 35 anos. Durante todas estas edicións a Feira conseguiu proxectarse como un dos eventos gastronómicos de maior popularidade na nosa Comunidade Autónoma).

 

2.      DON MANUEL PÉREZ LÓPEZ, (XAMONEIRO MAIOR DE A CAÑIZA. recolleu a distinción a  súa bisneta DONA BRENDA PÉREZ ALVAREZ

 

3.      DON ANTONIO FIDALGO PEDROSA, (EMPRESARIO E REFERENTE NO NEGOCIO DO XAMÓN DE A CAÑIZA) recolleu a súa filla DONA Mª DOLORES FIDALGO MORENO

 

4.      DON ANTONIO ROMERO PACHECO, ( ALCALDE DE A CAÑIZA no ano 1967. Baixo o se mandato organizouse a primeira e 9 seguintes edicións) recolleu a súa dona, DONA HERMELINDA GALLEGO PÉREZ

 

5.      DON MAURICIO TRONCOSO CASTRO, (Presidente da Comisión de Cultura do Concello de A Cañiza no ano 1967. Faise cargo da organización da Primeira edición e das tres seguintes ) recolleu o seu irmá, DON ANTONIO TRONCOSO CASTRO

 

Integrantes da Primeira Comisión de Festas  xunto con Don Mauricio Troncoso

 

6.      DON EMILIO BACELAR QUEIMADELOS, recolle a súa neta DONA PAULA BACELAR DOMÍNGUEZ

7.      DON PEDRO MARTÍNEZ MÍGUEZ

8.      DON ALEJANDRO PACHECO CASTRO

9.      DON TIRSO LUIS PÉREZ GÓMEZ

10.  DON JOSÉ RAMÓN MÉNDEZ OSORIO

 

11.  DON LEONCIO BACELAR QUEIMADELOS, Deseñador do Cartel Orixinal da Feira. recolleu o seu sobriño e afillado DON MIGUEL BACELAR DOMÍNGUEZ

 

12.  DON EMILIO RODRÍGUEZ PÉREZ, recolleu o seu fillo DON EMILIO RODRÍGUEZ GÓMEZ Diseñador e creativo das pallozas de xamóns, hoxe un dos elementos etnográficos da feira

 

13.  DON FRANCISCO PRIMO GÓMEZ SOBRINO, recolleu o seu fillo DON JOAQUIN GÓMEZ MOURE Artesán colmador das pallozas con colmo de centeo

 

14.  DON CARLOS RAIMUNDO MERA RODRÍGUEZ Promotor da utilización dos carros típicos galegos nos desfiles da Feira

 

15.  DON JOAQUIN LÓPEZ VALEIRAS encargado da parte administrativa de organización da feira nas primeiras edicións.

 

16.  DON JUAN RODRÍGUEZ MARTÍNEZ (empresario que apoiou a festa dende a 1ª Edición, expoñendo os xamóns do seu establecemento xunto con don Antonio Fidalgo nas decisivas primeiras edicións. Tamén formou parte de moitas Comisións organizadoras)

 

17.  DON JOSÉ LUIS BACELAR FERNÁNDEZ (cronista de A Cañiza. Xogou e ainda xoga un papel de gran importancia na divulgación e promoción da Feira )

 

MEMBROS DAS 50 COMISIÓNS DAS FESTAS DO XAMÓN

18.  DON MANUEL FERNÁNDEZ ANTÓN

19.  DON ANTONIO FERNÁNDEZ ANTÓN

20.  JOAQUIN PÉREZ MOURE

21.  ALFONSO MARTÍNEZ SANROMAN, recolleu o seu fillo ALFONSO MARTÍNEZ COMESAÑA

22.  JOSÉ JAIME PÉREZ GÓMEZ

23.  HERMINIO QUINTANS ALVAREZ

24.  DON MIGUEL ANGEL MENDEZ OSORIO, recolleu a súa sobriña DONA CRISTINA VÁZQUEZ MENDEZ

25.  DON JOSÉ CARLOS MOURE BERNAL

26.  DON ENRIQUE RODRÍGUEZ MARTÍNEZ

27.  DON JOSÉ JOVITO CASTRO SAMPAYO

28.  DON ANTONIO FILGUEIRA PÉREZ

29.  DON GENARO VÁZQUEZ ALVAREZ, recolleu a súa dona DONA CARIDAD MENDEZ OSORIO

30.  DON JOSÉ POZO BRACAMONTE, recolleu a súa dona DONA Mª DEL PILAR ANTONIO GÓMEZ

31.  DON DELMIRO RODRÍGUEZ GUERRERO

32.  DON JOSÉ RIVEIRO GIL

33.  DON ANGEL COUTO GÓMEZ

34.  DON FÉLIX PÉREZ IGLESIAS, recolleu a súa filla DONA BRENDA PÉREZ ALVAREZ

35.  DON RAMÓN ANTONIO FERNÁNDEZ PARADA

36.  DON VICTORINO LOURIDO GARCÍA

37.  DON MANUEL GIL BARROS

38.  DON PAULINO GIRÁLDEZ MOURE

39.  DON ROGELIO MANUEL PEREIRA MOREIRA

40.  DON JESÚS PUGA SENDÍN

41.  ASOCIACIÓN DE HOSTELEIROS E PRODUTORES DE XAMÓN DE A CAÑIZA  recolleu Don Manuel Sampayo Pérez

 

CONCELLEIROS DELEGADOS ORGANIZADORES  DAS FESTAS

42.  DON JOSÉ PÉREZ GIRÁLDEZ, recolleu a súa dona  DONA MARÍA VISITACIÓN RODRIGUEZ

43.  DONA MARÍA DEL PILAR ANTONIO GÓMEZ

44.  DON CAMILO GIL GIL

45.  DON MARIO DOMÍNGUEZ DURÁN

46.  DONA Mª HELENA FERNÁNDEZ GONZÁLEZ

47.  DONA Mª CLARA ESTÉVEZ ALVAREZ

48.  DON TOMAS DA SILVA DE CARVALHO

49.  DON CARLOS RINCÓN MORAÑA

 

50.  DON JOSÉ BENITO FERNÁNDEZ GÓMEZ, ex encargado do Servizo Municipal de Obras e coordinador da loxística  da feira durante 21 edicións.

 

COLABORADORES RELEVANTES

51.   DON JAIME GIRALDEZ PÉREZ (empresario xamoneiro)

52.  DON JAIME GIRALDEZ ALVAREZ, recolleu a súa filla DONA ESTHER GIRÁLDEZ

53.  DON BENITO TEJERO TELLE

 

54.  DON VÍCTOR BURGOS GARCÍA (profesional do corte de Xamón, coordinador do concurso de corte de xamón que se celebra o 15 de agosto durante a celebración da Feira)

 

55.  DON MIGUEL ADOLFO DOMÍNGUEZ ALFONSO ( Alcalde de A Cañiza dende o ano 2011 ata este momento )

 

OUTROS MEMBROS DAS COMISIÓNS DE FESTAS QUE NON POIDERON  ASISTIR PERO QUE É DE XUSTIZA RECOÑECER:

DON ELOY SOALLEIRO ANTÓN

DON ANTONIO  DOMINGOS FILGUEIRA SABAJANES

DON FRANCISCO ALVAREZ MIRANDA

DON CARLOS GERARDO FUERTES MOURIÑO

DON JOSÉ FERNÁNDEZ LOURIDO

DON JOSE ESTEVEZ ALVAREZ

DON MANUEL GREGORIO PÉREZ

DON ALBERTO PÉREZ GONZÁLEZ

DON GERMAN ALVAREZ LORENZO 

 

ACTO OFICIAL 50 ANIVERSARIO FEIRA DO XAMÓN DE A CAÑIZA


No hay comentarios:

Publicar un comentario