sábado, 6 de agosto de 2016

Feijóo pon en valor as festas gastronómicas


O titular da Xunta asistiu esta tarde ao acto conmemorativo do 50 aniversario da Feira do Xamón da Cañiza

Feijóo pon en valor as festas gastronómicas de Galicia e o seu potencial para contribuír a fortalecer o sector agroalimentario

Escoitar

Vídeo do presidente da Xunta no acto conmemorativo do 50 aniversario da Feira do Xamón da Cañiza1 de 6

O titular da Xunta asistiu esta tarde ao acto conmemorativo do 50 aniversario da Feira do Xamón da Cañiza2 de 6

O titular da Xunta asistiu esta tarde ao acto conmemorativo do 50 aniversario da Feira do Xamón da Cañiza3 de 6

O titular da Xunta asistiu esta tarde ao acto conmemorativo do 50 aniversario da Feira do Xamón da Cañiza4 de 6

O titular da Xunta asistiu esta tarde ao acto conmemorativo do 50 aniversario da Feira do Xamón da Cañiza5 de 6

O titular da Xunta asistiu esta tarde ao acto conmemorativo do 50 aniversario da Feira do Xamón da Cañiza6 de 6

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe o valor das festas gastronómicas de Galicia e o seu potencial para contribuír a fortalecer o sector agroalimentario e turístico.

Nesta liña, lembrou que Galicia conta con 112 festas de interese turístico autonómico, 11 de interese turístico nacional e nove de interese turístico internacional, que contribúen a poñer en valor a calidade dos produtos procedentes tanto da agricultura como da gandería e dan a coñecer tamén outros atractivos da nosa comunidade como o patrimonio cultural.

Durante o acto conmemorativo do 50 aniversario da Feira do Xamón da Cañiza, Feijóo referiuse a este evento como un exemplo de esforzo conxunto entre criadores, industria e bodegueiros para promover o produto máis afamado da gastronomía cañicense.

Feijóo salientou que a antigüidade desta feira, o arraigo no tempo e os valores culturais que conflúen nela fan que cada ano creza en visitantes e renome. E incidiu en que estes tres elementos obrigan a todos os que forman parte da súa organización a traballar con máis dedicación se cabe, para seguir sendo unha das grandes citas gastronómicas da Comunidade. 
 

Imaxes relacionadas


No hay comentarios:

Publicar un comentario